Quen somos

Eva3

Eva Solla:

Cursou estudos de primaria no CEIP Canicouba, secundaria no IES Santa Irene e diplomouse en enfermaría na Escola Universitaria pública do Meixoeiro. Traballa como enfermeira no Servizo Galego de Saúde. É responsable da área nacional de Saúde da devandita organización. Forma parte da executiva de Esquerda Unida na localidade de Vigo. Secretaria Xeral do Partido Comunista de Galicia (PCG). Actualmente é vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda (AGE).

Contacto:
981551584
eva.solla.fernandez@parlamentodegalicia.gal
@eva_solla
Páxina de Facebook

Reparto de Áreas:
-Titular da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego.
-Mocidade.
-Política social, Igualdade e Servizos Sociais.
-Comisión non Permanente de Estudo para o Seguimento das Políticas Relativas á Discapacidade e Elaboración de Novas Propostas a prol da Integración das Persoas con Discapacidade.
-Comisión non Permanente Especial de Estudo para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres.
-Comisión de Peticións.

 

beiras_debate_vitor_mejuto-720x340

Xosé Manuel Beiras:

Catedrático emérito de Estrutura Económica na Universidade de Santiago de Compostela, autor entre outros libros- do clásico ensaio O atraso económico de Galicia, e membro fundador, no franquismo, do clandestino Partido Socialista Galego (PSG), Beiras tamén participou na constitución, en 1982, do BNG. Á cabeza desta organización, chegou a situalo como segunda forza no Parlamento de Galicia. En 2005 dimite como presidente do seu Consello Nacional e sete anos despois abandona a fronte nacionalista para conformar Anova. Actualmente é voceiro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE).

Contacto:
981551584
xose.manuel.beiras.torrado@parlamentodegalicia.gal
Voceiro nacional de .
Portavoz de AGE no Parlamento Galego.

Reparto de Áreas:
-Titular da Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos.
-Comisión non Permanente de Estudo para Investigar, Analizar e Avaliar a Evolución Económica Financieira das antigas Caixas de Aforros e as causas e responsabilidades da súa actual situación.
-Comisión de Estatuto.
-Comisión para as Relacións co Consello de Contas.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Juan Fajardo:

É informático. Militante de Esquerda Unida e do Partido Comunista desde 1990. Responsable comarcal do PCG en Arousa. Concelleiro de Esquerda Unida en Vilagarcía.

Contacto:
981551584
juan.manuel.fajardo.recouso@parlamentodegalicia.gal
@JMFajardoEU

Reparto de Áreas:
-Titular da Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.
-Emprego.
-Política social, Igualdade e Servizos Sociais.
-Pesca e Marisqueo.
-Meios de Comunicación e CRTVG.
-Comisión de Control da Compañía da CRTVG.

 

moncho3

Ramón Vázquez: 

Diplomado en Maxisterio na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo e licenciado en Psicopedagoxía pola Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela. Mestre na escola pública desde o ano 2003 e orientador de educación primaria desde o ano 2007. Actualmente é o coordinador comarcal de Lugo de Esquerda Unida e responsable do Sindicato do Ensino de CC.OO. de Lugo desde o ano 2009.

Contacto:
981551584
ramon.vazquez.diaz@parlamentodegalicia.gal
@ramonvazquezdia

Reparto de Áreas:
-Titular da Comisión 4ª de Educación e Cultura.
-Industria.
-Turismo.

 

vazquez-propone-2

Xabier Ron:

Licenciado en Filoloxía Románica pola USC. Exerce a docencia en lingua francesa, con destino definitivo no CPI Pontecesures desde cúrsoo académico 2001-2002. Estudoso da lírica dos trobadores románicos, sobre todo dos autores do cancioneiro galego-portugués, dos que versa a súa tese de doutoramento, en fase de elaboración. Integrante do grupo de investigación GI-1350 (literatura medieval) do Departamento de Filoloxía Galega da USC. Actualmente é coordinador comarcal de Esquerda Unida Compostela e membro da dirección nacional de EU.

Contacto:
981551584
jose.javier.ron.fernandez@parlamentodegalicia.gal
Páxina de Facebook

Reparto de Áreas:
-Titular da Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior.
-Titular de Regulamento.
-Titular de Estatuto.
Emigración.
-Universidade.
-Política social, Igualdade e Servizos Sociais.
-Cultura.
-Lingua.
-Comisión Permanente non Lexislativa para Asuntos Europeos.
-Comisión non Permanente de Estudo sobre a Seguridade Viaria en Galicia.
-Comisión de Regulamento.

 

mqdefault

Antón Sánchez:

É enxeñeiro técnico en Xardinaría e Hortofruticultura pola Escola Politécnica de Lugo. Profesionalmente dedícase desde fai once anos á produción hortícola ecolóxica en Bergondo. Membro do Sindicato Labrador Galego, foi coordinador nacional do sector de horta nos anos 2006-2008 e actualmente forma parte da dirección nacional. É membro da Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos como representante do sector agrícola. Desde o ano 2007 é concelleiro no Concello de Bergondo e foi candidato á alcaldía no ano 2011. Militante e membro da Coordinadora Nacional de Anova, é responsable da área de Medio Ambiente e Sustentabilidade. Actualmente é vicevoceiro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE).

Contacto:
981551584
anton.sanchez.garcia@parlamentodegalicia.gal
@AntonSanchezG
Páxina de Facebook

Reparto de Áreas:
-Titular da Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.
-Titular da Comisión 7ª de Medio Rural, Agricultura, Gandería e Montes.
-Ordenación Territorial, Urbanismo e Obras Públicas.
-Medio Ambiente.
-Comercio.
-Industria.
-Deportes.
-Comisión non Permanente Especial de Estudo para a Elaboración dunha nova Lei do Solo de Galicia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s